Vídeo de divulgación científica (13´ 21´´). Despois de anos controlando a flora das paredes da muralla romana de Lugo con sistemas mecánicos, físicos e químicos pareceunos que deberiamos investigar tratamentos con menores implicacións ambientais.
Para iso, estamos probando en laboratorio produtos naturais derivados de plantas aromáticas para intentar inhibir a xerminación de sementes de Parietaria judaica L., a especie máis abundante e de control máis difícil. En paralelo, estamos estudando o posible efecto destes produtos naturais como inhibidores da xerminación de malas herbas dos cultivos agrícolas, co fin de recomendalos como herbicidas naturais para a agricultura ecolóxica.
Charla de Antonio Rigueiro no DivulgaTerra 2017.