Vídeo de TED (17' 26''). Pensamos que tomamos racionalmente as nosas decisións. Pero Dan Ariely, economista condutual e autor de Prediciblemente irracional, vainos convencer do contrario. A través de ilusións visuais clásicas, e das súas propias achegas científicas contraintuitivas (e por veces sorprendentes) descubriremos que non somos tan racionais como pensamos á hora de decidir.
Tradución ao galego de Luz Leirós para #TEDSAÚDE USC.