Vídeo de TED (15' 29''). Ao longo do século pasado, os medicamentos probábanse só en doentes masculinos, ignorando as diferenzas fisiolóxicas existentes entre os dous sexos, e provocando graves efectos secundarios nas mulleres. A médica de urxencias Alyson McGregor cóntanos como o modelo masculino se converteu na referencia para a investigación médica, e como atender as diferenzas entre homes e mulleres pode xerar tratamentos máis efectivos para ambos os sexos.
Tradución ao galego de Ángela González para #TEDSAÚDE USC.