Vídeo (8' 42'') que debate sobre o concepto "partículas virtuais" e sobre o uso que del se fai.
Algunhas persoas defenden que se trata dunha conceptualización útil, xa que ao realizar cálculos con diagramas de Feynman é posible deseñar todas as interaccións posibles entre partículas e despois realizar os cálculos para determinar a resposta correcta. Pola contra, outros opinan que se trata dunha terminoloxía enganosa porque as partículas virtuais non se comportan como partículas reais e non se poden observar.