Cal é a finalidade dun servizo de toxicoloxía forense?

Incorporación a Proxector: 11/9/2017

Vídeo (1' 53'') en que o profesor do Departamento de Ciencias Forenses da USC, Manuel López-Rivadulla explica o papel deste tipo de servizo dentro do ámbito da medicina legal.

Conta como o toxicólogo forense avalía o papel de certas substancias químicas nunha morte con relevancia medicolegal, analizando mostras de urina, saliva, sangue, pelo... Destas análises é posible obter informacións sobre esa morte que permiten facer un diagnostico complementario que lle axude ao forense a establecer o diagnóstico definitivo.