Vídeo (1' 53'') do proxecto "A Universidade responde" en que o profesor Rubén Lois González, do Departamento de Xeografía da USC, explica que as cidades actuais se definen, por unha banda, como un lugar onde viven persoas, hai actividades comerciais, laborais e personais; e por outra, pola imaxe que proxectan ao exterior, por exemplo, a cidade de Santiago de Compostela como final dun camiño de peregrinación ou como cidade turística.