As pedras de San Lourenzo

Incorporación a Proxector: 10/5/2017

Vídeo documental (31' 14'') no que se recolle o traballo do proxecto arqueolóxico de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa (A Pobra de Brollón).

Trátase dun proxecto plurianual que ten como primeiros obxectivos a recuperación do castro de San Lourenzo, un castro mineiro romano de hai 2000 anos dedicado á explotación do ouro e do ferro existentes na súa contorna; a exhumación da antiga capela de san Lourenzo e a recuperación de tradicións vinculadas a estes dous lugares, como a de "mollarlle os pés ao Santo"; e tamén a escavación dunha vivenda que serviu de acobillo aos guerrilleiros antifranquistas a finais da década de 1940.

10/5/2017
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube