As galletas do Prestige

Incorporación a Proxector: 8/5/2017

María Loureiro, profesora Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago fálanos neste vídeo (17' 34'') da catástrofe do Prestige, e do proceso de valoración económica dos custos sociais derivados do seu afundimento.

Esta valoración, que nunha estimación feita á baixa chegou aos 4.328 millóns de euros, realizouse cun tratamento novidoso que incorporaba intanxibles cos que se intentaba reflectir mellor a verdadeira magnitude do accidente, e o amplo abano de intereses prexudicados, que moitas veces non se computan neste tipo de traballos.

María Loureiro    AUTORÍA
8/5/2017 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube