Fíos Fóra. Historias de obreiras entre costuras e patróns

Incorporación a Proxector: 25/4/2017

Filme documental (88') que narra a historia do sector téxtil galego, desde os anos 60 ata o seu presente deslocalizado, a través das historias das mulleres galegas que traballaron nel.

Foron unha man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora marchou cara a outros lugares. No documental faise un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. O que aquí pasou repítese agora nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

No sitio web do proxecto pode atoparse máis información e recursos para o profesorado.

Illa Bufarda CREACIóN
25/4/2017 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO