Que é a depresión?

Incorporación a Proxector: 16/3/2017

Animación (4' 28'') que explica de modo divulgativo as causas e consecuencias da depresión.

Esta patoloxía é a maior causante de discapacidade no mundo. Nos EE. UU. sófrea case un 10% dos adultos. Como é unha enfermidade mental, é máis difícil de comprender ca, por exemplo, o colesterol alto. Helen M. Farrel examina os síntomas e os tratamentos da depresión, e dá consellos para axudar a unha persoa próxima que a sufra.

Helen M. Farrell    AUTORÍA
16/3/2017 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA

Fonte: Youtube