Estimulación cerebral non invasiva

Incorporación a Proxector: 15/3/2017

Entrevista radiofónica (28' 45'') ao catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro no programa radiofónico Efervesciencia (Radio Galega), na que se repasa a historia das técnicas de estimulación cerebral non-invasiva.
Se partimos da evidencia de que o noso encéfalo funciona con electricidade, técnicas como a estimulación magnética transcraniana poden incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Pero ademais trátanse máis temas: en que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sans como neuromellora?

- Javier Cudeiro
- Efervesciencia (Radio Galega)