Irmandades da fala. 100 anos

Incorporación a Proxector: 7/3/2017

Documental (47´ 43´´) en que diferentes expertos (filólogos, historiadores, xornalistas...) contan como o 18 de maio de 1916, unha reunión convocada na Coruña polo xornalista Antón Vilar Ponte na sede da Real Academia Galega, dá lugar á creación das “Hirmandades de Amigos da Fala”. Estamos a falar dun movemento que foi moito máis ca unha asociación de amigos do idioma; foron un movemento de recuperación cultural, cívica e política do país. Os membros deste grupo querían regaleguizar Galicia e converter a lingua nunha forza transformadora.