A sauna do Castelón de Castañoso

Incorporación a Proxector: 18/11/2015

Vídeo de divulgación científica (15´ 39´´). En 2011 descubríronse os restos dunha sauna castrexa no castro de Castañoso (A Fonsagrada). Dado o seu bo estado de conservación e o seu valor excepcional, as administracións emprenderon traballos de escavación, consolidación e recuperación desta construción.

Este vídeo, elaborado en 2015, amosa o estado actual da sauna despois dos traballos realizados, explica a súa estrutura e apunta os usos que podía ter, amais do puramente utilitario.

Máis información sobre o estado en que foi atopada en 2011 neste apuntamento do blog de Manuel Gago.

Rede Consiliencia CREACIóN
18/11/2015 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube