Vídeo de TED (2´ 48´´). Hai unha partida de Tetris desenvolvéndose a escala global: o espazo de xogo é a Terra, e todos eses molestos bloques que caen son dióxido de carbono -un gas de efecto invernadoiro que está acumulándose máis rapidamente a medida que imos queimando os combustibles fósiles que fan funcionar os nosos coches, fábricas e plantas eléctricas.
Joss Fong amosa de forma resumida como esta sobreprodución de CO2 nos leva ao cambio climático, e lémbranos que, ao revés ca no Tetris, aquí non temos a oportunidade de parar a partida e volvela comezar.
Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.