Este video (4´ 05´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo amosa o papel dos lagartos como modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares, xa que estes réptiles modifican a súa dieta nestes ambientes incorporando moitos froitos carnosos. Ao inxerilos, dispersan as súas sementes cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación realizado no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.