Vídeo didáctico (7´ 21´´). É indubidable que o incremento do tráfico marítimo internacional favoreceu o desenvolvemento económico a nivel global. Non obstante, este incremento no fluxo de mercadorías polos mares do mundo tamén está a supoñer un incremento no risco de que se produzan verteduras accidentais de substancias nocivas e perigosas para o medio ambiente.
Por outra banda, a nosa sociedade tamén percibe cada vez máis axeitado conservar determinados ecosistemas mariños polas vantaxes que iso leva consigo. Non obstante, a nosa sociedade segue dividida no conflito derivado desa dualidade de preferencias: desenvolvemento económico versus conservación ambiental.