Posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción

Incorporación a Proxector: 12/11/2021

Vídeo (10´ 59´´) de divulgación científica no que María Portela Barral, membro da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC, nos presenta as estratexias que están a desenvolver conxuntamente as universidades e as administracións no ámbito da construción sostible con madeira. O cambio climático constitúe actualmente unha das maiores amezas ás que ten que enfrontarse a humanidade e, neste contexto, a construción con madeira é un valor en alza para a construción no futuro. Nesta charla descubrirás as virtudes medioambientais e de eficiencia enerxética deste material.

A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


María Portela Barral    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
12/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO