Os 20 do XX. Vinte no fútbol

Incorporación a Proxector: 15/11/2021

Vídeo divulgativo (8´ 39´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao, centrado no fútbol masculina en Galicia nos anos vinte do século pasado. Foron os anos nos que o fútbol masculino galego se profesionaliza, se crea a primeira selección galega e xorden equipos coma o Racing de Ferrol ou o Celta de Vigo, e tamén a rivalidade entre este e o Deportivo da Coruña. Nestes anos tamén se crea a primeira selección galega. Nesta década o fútbol feminino tamén xoga os seus primeiros partidos, e nacen iniciativas pioneiras como o Irene FC da Coruña.
Con este episodio sobre o fútbol péchase a serie documental "Os 20 do XX", escrita e dirixida por Antón Varela para axudarnos a entender mellor como era Galicia hai cen anos.


Antón Varela    AUTORÍA
Praza Pública CREACIóN Vinte CREACIóN
15/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO