Como construír unha frauta de cana

Incorporación a Proxector: 16/11/2021

Vídeo didáctico (4´ 18´´) no que aprenderás a construír unha frauta traveseira de cana, un instrumento musical do grupo dos aerófonos. O instrumento consiste nunha cana á que se lle fan, cun soprete ou cun ferro quente, sete buratos (un para soprar e outros seis para colocar os dedos).

Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.


16/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO