Construción de corpos de revolución con Geogebra

Incorporación a Proxector: 17/11/2021

Vídeo didáctico (8´ 25´´), elaborado polo profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) Manuel Vilariño, para o alumnado da materia de matemáticas de 3º de ESO. Trátase dunha actividade práctica coa que aprenderás a construír corpos xeométricos de revolución empregando a aplicación informática Geogebra. En concreto, nesta demostración práctica descubrirás como se pode xerar e colorear un cilindro con esta ferramenta informática.

Manuel Vilariño    AUTORÍA
17/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO