Paisaxe litoral IV. Cantís, plataformas e coídos

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (6´ 42´´) dirixido a alumnado de ensino secundario, que che axudará a entender como lle afecta a ondada aos sistemas costeiros. A forza da ondada crea diferentes formas litorais, coma por exemplo os cantís, as plataformas litorais e os coídos. Descubre as principais características destas formas e observa as imaxes aéreas obtidas con dron en diferentes zonas da Rede Natura 2000.
O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.


Alberto Fortes Novoa    Fernanda Molto Roibal    Rocío Romar Roel    Xacobo de Toro    AUTORÍA
18/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO