Nova Narrativa Galega

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (7´ 43´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a "Nova Narrativa Galega", unha denominación na que se inscriben unha serie de autores e autoras que comezaron a escribir durante a década dos anos 50 e comezos dos 60 (século XX). Nel atoparás un resumo das principais características deste grupo literario, así como das súas obras máis representativas. A este grupo pertencen escritores como Xohana Torrres, Camilo González Suárez-Llanos, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán ou Carlos Casares.
Este recurso forma parte da serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de axudar ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO