Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (9´ 44´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a poesía galega de finais do século XX e comezos do XXI. Nel explícase a importancia de obras como Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, Mesteres, de Arcadio López Casanova, ou Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, que marcan o comezo dunha nova etapa. Así mesmo, explícanse as características xerais das obras escritas nas dúas últimas décadas do século XX e mais a primeira década do século XXI, citando algúns dos autores/as e colectivos poéticos representativos desta etapa. En concreto, cítanse poetas como Antón Reixa, Xela Arias, Ana Romaní, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Manuel Forcadela, Fran Alonso, Chus Pato, Miro Villar, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Olga Novo, Xiana Arias, Berta Dávila ou Gonzalo Navaza; así como os colectivos Cravo Fondo, Rompente ou O Batallón Literario da Costa da Morte.
Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO