Narrativa galega de finais do século XX e inicios do XXI

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (8´ 34´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a narrativa galega de finais do século XX e comezos do XXI. Nel explica, entre outras cousas, a importancia que tivo neste período a "novela de xénero" (xénero negro, bravú, policial, erótico, ciencia ficción, novela memorial, novela diario, etc.), citando as obras de autores/as como Carlos Reigosa, Xulio Valcárcel, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro, Xosé Fernández Ferreiro, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Miguel Anxo Murado, Manuel Rivas , Xurxo Souto ou Anxos Sumai. Tamén se comenta a grande produción de obras de ensaio a partir dos anos 80 do pasado século, exemplificada na obra de Xosé Manuel Beiras (temática económica e política), Xesús Alonso Montero (temática sociolingüística) ou María Xosé Queizán (temática feminista).
Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO