Vídeo de divulgación científica (1´ 54´´) no que descubrirás que é unha maruxiña, cales son as súas características morfolóxicas e cales son as diferentes denominacións populares que se empregan en Galicia para nomear este insecto.
Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).