Collage de frottage

Incorporación a Proxector: 19/11/2021

Vídeo didáctico (17´ 59´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, que che axudará a entender en que consisten estas dúas técnicas artísticas: a colaxe e a frottage. Na colaxe o/a artista pega distintas imaxes ou texturas sobre un papel ou lenzo, mentres que a a frottage consiste en fregar un lapis sobre un papel colocado enriba dunha superficie con irregularidades (madeira, tecido, etc.) para obter un debuxo. A actividade práctica que propón Noemí ao seu alumnado consiste en facer unha "colaxe de frottage" a partir da versión vectorizada da obra "Cabeza de muller con sombreiro", de Pablo Picasso.
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).


Noemí Díaz Vázquez    AUTORÍA
19/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO