Vídeo didáctico (6´ 19´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica as principais características dun dos elementos da linguaxe visual: a liña. A liña pode ser empregada dentro da elaboración de imaxes como elemento expresivo, e nesta lección descrubrirás cales son as diferentes formas que pode adquirir, así como os diversos graos de expresividade. Así mesmo, descubrirás unha selección de obras que exemplifican o uso da liña na arte, como poden ser os traballos de Vasily Kandinsky, Giovanni Battista Piranesi ou Pablo Picasso.
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).