O punto

Incorporación a Proxector: 19/11/2021

Vídeo didáctico (7´ 41´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica as principais características dun dos elementos básicos da linguaxe visual: o punto. O punto é o elemento da expresión plástica de menor tamaño, e variando tamaños, cores e formas podemos acadar diferentes sensacións visuais. Nesta lección descrubrirás tamén algúns dos artistas que se expresan empregando o punto como elemento fundamental nas súas obras, como son Georges Seurat, Paul Klee ou Roy Liechtenstein.
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).


Noemí Díaz Vázquez    AUTORÍA
19/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO