Vídeo didáctico (20´ 04´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica de xeito práctico como realizar os seguintes exercicios de trazados xeométricos: trazar unha recta paralela a outra pasando por un punto; trazar unha recta perpendicular a outra pasando por un punto; trazar a mediatriz dun segmento; facer a división dun segmento en tres partes iguais aplicando o Teorema de Tales; realizar sumas e restas de ángulos; trazar a bisectriz dun ángulo; realizar un círculo que pase por tres puntos e trazar dúas figuras xeométricas (cadrado e triángulo) coñecendo un dos seus lados.
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).