Puntos notables dun triángulo

Incorporación a Proxector: 19/11/2021

Vídeo didáctico (11´ 10´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que amosa de xeito práctico como localizar os puntos notables dun triángulo, que son: o circuncentro (punto onde se cortan as tres mediatrices dun triángulo), o baricentro (punto onde cortan as tres medianas dun triángulo) e o incentro (punto onde se cortan as tres bisectrices dun triángulo).
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).


Noemí Díaz Vázquez    AUTORÍA
19/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO