Como afecta o cambio climático á túa saúde mental

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo de TED (7´ 31´´) sobre o impacto psicolóxico que causa o quecemento global. A divulgadora científica Britt Wray fálanos de sentimentos coma o medo, o fatalismo e a desesperanza que poden provocar en nós os estudos e documentais que se publican sobre o cambio climático. Se estes sentimentos se acentúan poden derivar no abuso de sustancias ou mesmo na perda da identidade persoal e o autocontrol. Neste vídeo descubrirás cales son as respostas emocionais e as dúbidas existenciais ás que se enfronta a poboación ante a evidencia do cambio climático.
Tradución ao galego de Penny Martínez.


Britt Wray    AUTORÍA
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO