Enzimas artificiais con actividade antioxidante

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo (7´ 05´´) de divulgación científica no que Lara Rouco Méndez, estudante de doutoramento na Facultade de Ciencias da USC, nos presenta o seu traballo de investigación sobre os enzimas artificiais con actividade antioxidante. Esta charla axudarache a entender que é un enzima artificial, a que nos estamos a referir cando falamos de substancias antioxidantes e en que consiste o estrés oxidativo (un proceso de desequilibrio celular que pode causar enfermidades dexenerativas como o alzhéimer, o párkinson ou a ELA).
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Lara Rouco Méndez    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO