Influencia do software na obtención de conclusións xenómicas. Conducen todos os camiños a Roma?

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo (8´ 35´´) de divulgación científica sobre a relevancia da informática na obtención de conclusións xenómicas. Adrián Casanova, investigador do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC, preséntanos un traballo de investigación no que se analizaron cinco especies acuáticas para obter o panel de SPNs (variacións na secuencia de ADN). Unha das primeiras descubertas foi a constatación de que dependendo do software empregado na análise bioinformática variaba o número de SNPs obtidos. Significa isto que o software condiciona as conclusións dun estudo xenónimo? A resposta é non, e neste vídeo descubrirás o porqué.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Adrián Casanova    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO