A Biblia Kennicott

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo didáctico ( 54´´) elaborado no marco da exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaiás, 2020), que ofrece unha breve presentación da Biblia Kennicott, elaborada na Coruña en 1486. Trátase dun dos manuscritos hebreos máis importantes da Idade Media e está considerada unha obra mestra da ilustración medieval. Actualmente está custodiada na Biblioteca Bodleian (Oxford).

Manuel Gago    AUTORÍA
Fundación Cidade da Cultura CREACIóN
22/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO