De que xeito as nanopartículas poderían cambiar a forma de tratar o cancro

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo de TED (10´ 53´´) no que a investigadora Joy Wolfram, directora dun laboratorio de nanopartículas na Clínica Mayo, nos fala das eivas dos actuais tratamentos contra o cancro e nos presenta as nanopartículas como unha prometedora solución para avanzar neste terreo. Introducir os fármacos dentro de nanopartículas permitiría que a medicación actuara sobre os tumores dunha forma moito máis precisa. Nesta charla aprenderás que é unha nanopartícula e como logra exactamente transportar o medicamento ata o tumor.
Tradución ao galego de Candela Lafuente.


Joy Wolfram    AUTORÍA
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO