Vídeo de TED (10´ 57´´) no que a cirurxiá Nadine Hachach-Haram nos fala das ferramentas de realidade aumentada que está a desenvolver, que permitirán no futuro a cirurxiáns de todo o mundo operar de maneira conxunta desde diferentes lugares. Isto suporía unha verdadeira revolución para o 70% da poboación mundial, que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) non pode acceder nin sequera a tratamentos cirúrxicos sinxelos. Nesta charla aprenderás en que consiste a cirurxía remota empregando un programa de colaboración en realidade aumentada, e cales son as súas potencialidades.
Tradución ao galego de Carlos Calo Romeu.