Dilemas éticos na investigación do VIH

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo de TED (11´ 10´´) no que a investigadora Boghuma Kabisen Titanji, baseándose na historia real dunha muller africana con VIH que decidiu participar de forma voluntaria nun ensaio clínico, nos convida a reflexionar sobre determinadas cuestións éticas relacionadas coa investigación do VIH. Sen chegar a cuestionar a utilidade dos ensaios clínicos realizados en países en desenvolvemento, Boghuma Kabisen Titanji explícanos por que son tan atractivos os países emerxentes, especialmente os da África subsahariana, para o desenvolvemento destes ensaios clínicos, centrándose en catro cuestións de especial relevancia nas que, na súa opinión, cómpre poñer o foco: o consentimento informado, os estándares de coidados para os/as participantes nos ensaios, os estándares éticos das investigacións e o seguimento dos participantes cando estas investigacións rematan.
Tradución ao galego de Rubén Ventoso Martínez.



Boghuma Kabisen Titanji    AUTORÍA
22/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO