Un curioso truco para evitares egadaclics

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (5´ 37´´) no que Jeff Leek e Lucy McGowan nos explican como podemos detectar os titulares enganosos e sensacionalistas nas novas sobre descubrimentos médicos que se publican a miúdo nos medios dixitais. En ocasións, este titular sensacionalista (cuxa única función é captar a atención do/a lector/a) pode chegar a ser contraditorio cos resultados da investigación científica á que fai referencia. Neste vídeo descubrirás, partindo de dous titulares concretos, como podes acceder á fonte orixinal na que se basea a noticia e como debes interpretar os datos da investigación científica; dous pasos previos necesarios para saber se un titular se axusta á realidade ou é enganoso.
Tradución ao galego de Sara Vázquez Mera.


Jeff Leek    Lucy McGowan    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO