O que o estudo das redes neuronais pode revelarnos sobre a saúde mental

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (13´) no que a neurocientífica Kay M. Tye, que investiga os circuítos do cerebro para chegar a entender a mente, nos fala concretamente de como o cerebro xera as emocións. A tecnoloxía, e en concreto o desenvolvemento de ferramentas optoxenéticas, permite controlar as neuronas específicas do cerebro e a súa intercomunicación por medio de sinais eléctricos. Kay M. Tye explícanos os últimos avances acadados no seu laboratorio, onde están probando esta tecnoloxía con animais e xa conseguiron modificar o comportamento de ratos realizando cambios específicos nas vías neuronais do seu cerebro. Este tipo de achados, que suxiren que se poden asociar vías neuronais concretas a estados emocionais, abre novos camiños para o tratamento efectivo das enfermidades mentais.
Tradución ao galego de Sarela Betanzos.


Kay M. Tye    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO