As persoas vellas son máis felices

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (11´ 38´´) no que a psicóloga Laura Carstensen nos fala da vellez e do que implica a lonxevidade. O incremento da nosa esperanza de vida non se debe a que sexamos xeneticamente máis fortes ca os/as nosos/as predecesores/as, senón ao noso sistema cultural, é dicir, a esa mistura de ciencia e tecnoloxía que incrementa a nosa saúde e o noso benestar. Todos os estudos conclúen que as persoas maiores son máis felices ca as de mediana idade ou os/as mozos/as. Nesta charla descubrirás todas as melloras que supón a vellez no que respecta ao coñecemento, a experiencia e a saúde emocional.
Tradución ao galego de Sara Fandiño.


Laura Carstensen    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO