Vídeo de TED (4´ 53´´) sobre un dos principais retos de saúde pública dos últimos tempos: erradicar o VIH. O VIH é un retrovirus que introduce copias de si mesmo no ADN das células infectadas. A solución para atallar o problema non está en atopar unha cura para a enfermidade, senón en evitar a súa propagación ata que o virus desapareza definitivamente. Neste vídeo explícase o papel determinante que poden xogar os antirretrovirais (unha serie de medicamentos usados para combater o VIH) na erradicación desta pandemia.
Tradución ao galego de Miguel Guisantes Alonso.