Que porcentaxe do teu cerebro utilizas?

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (5´ 16´´) que che axudará a entender o funcionamento do cerebro humano. Richard E. Cytowic explícanos que o cerebro humano, que representa só o 2% da nosa masa corporal, consome o 20% do gasto diario de glicosa dun adulto (nos nenos/as a cifra é do 50% e nos bebés do 60%), moito máis do esperado para o seu tamaño. Isto débese á súa densidade neuronal (moito maior á de calquera outra especie), que é o que nos fai seres intelixentes. Neste vídeo descubrirás como consegue o noso cerebro manter oitenta e seis mil millóns de neuronas, contradicindo o mito de que só empregamos o 10% da súa capacidade.

Tradución ao galego de Luz Leirós.



Richard E. Cytowic    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO