Como contribuíron as quenllas a unha nova xeración de material médico?

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (9´ 28´´) no que o microbiólogo Ethan Mann conta como estudando as quenllas descubriron que a súa pel se compón de pequenos dentes solapados en forma de diamante que lles permite mantela sempre limpa. Este descubrimento foi inspirador a hora de buscar solucións para a resistencia antimicrobiana, un dos principais retos que afronta a sanidade pública na actualidade. A observación da pel das quenllas leva a Etahan Mann a considerar que a solución non está tanto en tentar combater as bacterias unha vez que estas xa infectaron o organismo humano, senón en deseñar material médico cuxa superficie sexa resistente ás bacterias, evitando deste xeito que se produza a infección bacteriana nos hospitais. Neste vídeo descubrirás o material médico que desenvolveron no seu laboratorio inspirado na pel das quenllas e partindo do coñecemento da “enerxía superficial”.
Tradución ao galego de Sara Fandiño.


Ethan Mann    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO