De que xeito o racismo dana as embarazadas e como se pode atallar

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (12´ 26´´) sobre a relación do estrés crónico con diferentes doenzas e, en concreto, sobre o impacto que pode ter o estrés durante o embarazo. O estrés está relacionado cos partos prematuros e supón un factor de risco tanto para a nai como para o bebé. A maiores, a marxinalidade social tamén incide directamente no estrés e, polo tanto, na saúde das mulleres embarazadas. Mariam Zoila Pérez, a quen o seu interese pola saúde materna a levou a converterse en doula, fálanos de como a raza e a clase social son factores que determinan a saúde tanto das mulleres embarazadas como dos seus bebés.
Tradución ao galego de Cristina Marey Castro.


Mariam Zoila Pérez    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO