O avellentamento demográfico de Galicia

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo didáctico (10´ 46´´), no que o profesor Isidro Dubert nos fala das razóns do avellentamento da poboación galega. Descubrirás que as nosas cotas de avenllentamento non son específicas de Galicia, senón que son características da maior parte dos países desenvolvidos, nos que a poboación ten unha elevada esperanza de vida. Para o profesor Dubert as cotas de avenllatamento non son un factor decisivo para o futuro ou crecemento dunha poboación. As claves para explicar esta realidade estarían no número de fillos que as mulleres traen ao mundo, nas taxas de mortalidade e na intensidade da emigración, sendo este último o factor máis relevante en termos históricos.
Esta peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.


Isidro Dubert    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
23/11/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO