As propiedades reolóxicas dos sistemas dispersos

Incorporación a Proxector: 2/12/2021

Vídeo didáctico (9´ 46´´) que che axudará a entender que é a reoloxía, a rama da física que estuda a deformación e o fluxo da materia. O profesor Francisco J. Otero Espinar, do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago, explícanos neste vídeo cales son as diferentes formas de reacción dos fluídos fronte a un forza externa. Descubrirás, entre outras cousas, que partindo da “Lei de viscosidade de Newton” podemos diferenciar entre os chamados fluídos “newtonianos” (que se caracterizan por incrementar a súa velocidade de fluxo de forma proporcional á intensidade da forza aplicada) e os “non newtonianos” (tamén denominados “sistemas viscosos estruturais”), que modifican a súa resistencia en función da intensidade ou do tempo de aplicación da forza externa. Coñecer os comportamentos reolóxicos dos sistemas é esencial para o deseño e preparación de formas farmacéuticas estables baseadas nos sistemas dispersos heteroxéneos, como son as emulsións, as suspensións e os coloides.
A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.


Francisco J. Otero Espinar    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
2/12/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO