O efecto da débeda pública sobre a recuperación da economía

Incorporación a Proxector: 2/12/2021

Vídeo didáctico (12´ 40´´) no que María Cadaval Sampedro, profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, nos explica como ao longo da nosa historia recente os gobernos optaron por dúas vías diferentes de facer fronte ás crises económicas: con políticas fiscais moi restritivas co gasto público ou con políticas expansivas que incrementan o gasto público (tamén coñecidas como “políticas keynesianas”). Nun momento coma o actual, no que as regras fiscais da Unión Europea están suspendidas (e polo tanto os países non teñen límite para a contención do seu déficit público), esta charla axudarache a entender cal pode ser o impacto da débeda pública na recuperación da nosa economía.
A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.


María Cadaval Sampedro    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
2/12/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO