Determinación do contido de H₂O₂ nun produto comercial

Incorporación a Proxector: 3/12/2021

Vídeo didáctico (5´ 47´´) no que a profesora María Raquel Domínguez González, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, explica que a auga osixenada comercial non é peróxido de hidróxeno (H₂O₂) puro. Coa axuda de M. Vanesa Taboada López, M. Carmen Martínez Barreiro e Lía Gómez Domínguez, a profesora Domínguez amósanos como se determina o contido de peróxido de hidróxeno (H₂O₂) neste produto comercial. Así mesmo, ensínanos cales son os diferentes xeitos de expresar a concentración.
A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.


María Raquel Domínguez González    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
3/12/2021 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO