Como iniciarse na observación astronómica

Incorporación a Proxector: 7/6/2022

Vídeo de divulgación científica (10´ 22´´) da canle AstroXabi, na que Xabier Pérez Couto explica conceptos básicos de astronomía e amosa as súas observacións nocturnas. Neste vídeo en concreto descubrirás que iniciarse na astronomía non é custoso economicamente, xa que non é imprescindible posuír un telescopio astronómico para achegarse de xeito afeccionado a esta disciplina. Para comezar, só precisas os teus ollos, un ceo libre de contaminación luminosa, un planisferio (que che permitirá saber que constelacións están visibles no ceo nunha data e hora concretas) e uns prismáticos. Tamén descubrirás cales son as aplicacións ou software que tes ao teu dispor para coñecer de xeito doado as características das diferentes constelacións, e cales son os manuais recomendados para achegarte aos conceptos básicos da astronomía.

Xabier Pérez Couto    AUTORÍA
7/6/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO