As aves mariñas de Galicia

Incorporación a Proxector: 3/12/2021

Vídeo didáctico (6´ 13´´), difundido na canle Naturiza, no que o ambientólogo e oceanógrafo Diego Ferraz Castiñeiras che explica dun xeito ameno e divertido as características básicas dalgunhas das aves mariñas que habitan nas Rías Baixas. Descubrirás cales son as dúas aves máis abundantes nestas rías, saberás cal delas é a que mellor mergulla, coñecerás as características morfolóxicas dos diferentes tipos de gaivota e aprenderás a distinguilas dun mascato.

Diego Ferraz Castiñeiras    AUTORÍA
3/12/2021
#bioloxía   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO